Posibilidades educativas dos Blogs e Webquest
Sobre as posibilidades educativas dos Blogs podríamos dicir que na rede encontrase abundante información sobre as primeiras experiencias didácticas na blogosfera que, aún hoxe –e a xuzgar pola profusión de enlaces que apuntan hacia elas– serven de modelo a numerosos profesionais da ensinanza.
Os Blogs serven coma ferramenta de difusión de información (noticias interesantes, artigos, etc. que aínda que sexan en forma de anécdota aumentan o noso coñecemento) , os Blogs serven tamén coma método de comunicación xa que ofrecen a posibilidade de establecer un diálogo, poden ofrecer recursos interesantes para traballar nas aulas cos nosos alumnos coma www.tinglado.net. entre outros sistemas de xestión de recursos didácticos, . Ademáis non requiren coñecementos de deseño web para colgar algún artigo ou comentario polo tanto son moi sencillos de utilizar, as aportacións dos usuarios están fechadas e firmadas e aparecen en un orde cronolóxico inverso (a última mensaxe publidada aparece en primeiro lugar), os Blogs poden ter unha sección de enlaces a bitácoras afíns , ademais de texto e hipervínculos, a maior parte dos xestores de blogs permiten incorporar ficheiros de son, galerías de imáxenes, videoclips, podendo dar lugar a xenuinos documentos multimedia. Poden ser multiblogs de alumnos, de mestres, diarios de clase ou tutorías, cadernos de traballo individual, en definitiva, ofrecen multitud de posibilidades educativas.
Cada alumno, ó editar o seu blog, asume unha responsabilidade compartida, nacida do simple acto de observar e saberse observado; de sentirse sometido a escrutinio público. Quizá sen ser plenamente consciente, o alumnos involucrase nunha nova experiencia grupal fruto do diálogo e a participación, onde se colabora e debate sobre calquer tema de interese para o grupo en un ambiente de liberdade e respeto por iso cremos que os Blogs son unha ferramenta moi útil e constructiva.
Por outra parte, as posibilidades educativas das Webquest, cabe dicir que comparten moitas características cos Blogs, son tamén moi positivas para a educación dos alumnos sobre todo porque prppoñen unha maneira distinta de traballo aunque habría que ter moi en conta a idade dos alumnos para que fagan un uso correcto da rede ou dos equipos informáticos áhora de porse mans á obra cunha Webqest.



